martes, 13 de mayo de 2008
A troita que me alegrou a alma
O Sábado á tarde baixei pescar, a eso das 18:30, ao meu querido Río Pingüela (ou do Val de Veiga), chovía e parecía que podía conseguir algunha captura a pesar do vento. Fun probando nas correntes e nos pozos pescando á miñoca e conseguín ter unha cantas picadas en case tódalas varadas. Ata que cheguei a unha pequena corrente na que non pescaba dende o 18 de Marzo (onde conseguira unha captura duns 25 cm. que devolvín á auga)coa esperanza de que alí podía haber algunha pintona. Lancei o engado, e ao intentar mover a cana noto que está clavada como se fose nunha herba ou brizo; tiro con forza para desenganchar, cando vexo que o sedal comeza a moverse dun lado para outro, pego un tirón... e aí estaba outra vez a mesma troita daquel 18 de Marzo, máis gorda, pero a mesma, chapoteaba na superficie da auga e a punta da cana doblábase todo o que podía ante a loita da pintona. Foi un momento incríble. O malo é que vin enseguida que sangraba moito polas agallas, e comprobei que tragara moito o anzol: inmediatamente cortei o sedal cos dentes, porque sacarlle o anzol sería mortífero. Observei a troita dúas ou tres veces antes de meterme no Río para ceibala de novo, ¡preciosa!, reanimeina durante uns minutos e parou de sangrar. Ó pouco, foi coleando cara á corrente ata refuxiarse na cepa dun abeneiro... Elegroume a tarde, nunca me pasara isto, e podo dicirvos que é escepcional; e mostra o grande que é a pesca. Alegroume a alma e sentinme coma nunha nube. Un saúdo a todos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
moi ben alvaro,tes moita experiencia na natureza,sobre
todo do rio valiñas ou pinguela.
Publicar un comentario