viernes, 28 de diciembre de 2012

A Xunta de Galicia autoriza a reapertura da mina de ouro de Corcoesto.

Non se podería esperar outra cousa dun goberno pepeiro. "Galicia Primeiro" ou "Galicia Primero", como realmente lles gusta ós "nacional-catolicistas" de novo cuño. O río Anllóns pasa por Corcoesto, e se xa ó longo do século XX levou unha "man de paus", por motivo do arsénico procedente da devandita mina de ouro e outras barbaridades contra o seu medio natural, que provocaron a desaparición do salmón atlántico do seu curso; agora ó presidente da Xunta ocórrese a "brillante idea" de autorizar a unha empresa foránea a reapertura e esplotación da mina. É vergoñento! Galicia está en mans de xente sen escrúpulos na que Galicia, non está primeiro; está en perigo. Si! En perigo! Porque se o noso medio ambiente importa un carallo a estes galegiños de patacón, eso quere dicir que de verde e natural, Galicia pasará a amarela e artificial. Galicia e os galegos en perigo, porque non ten sentido unha sociedade posmoderna e avanzada se ésta está incluída nun medio natural degradado. Pero os galegos sigamos votando como gobernantes a estes desalmados, que se xa nos foi mal con dezaséis anos de goberno fraguista, non quero pensar como serguirá con estes discípulos para os que Galicia é secundaria.