Visitas

Benvidos a fishingwithalvaro


counter




miércoles 8 de febrero de 2012

Normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2012

O 18 de Xaneiro saiu publicada no D.O.G. a orde pola que se establece a normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2012.

Con carácter xeral; o período hábil para a pesca da troita vai dende o 18 de Marzo ó 31 de Xullo. Nos coutos de pesca sen morte, coutos intensivos e tramos de pesca sen morte, o período hábil vai dende o 18 de Marzo ata o 30 de Setembro. Nas masas de auga establecidas como como de salmón, reo e nas cabeceiras de ríos de montaña será dende o 1 de Maio a o 31 de Xullo.
A gran novidade desta temporada é que con carácter xeral o período hábil para a pesca da troita acórtase en 15 días. Pero por outra banda, nos coutos convencionados coas sociedades colaboradoras de pesca, prolóngase a temporada ata o 30 de Setembro na modalidade de pesca sen morte. Ademais, nos coutos tradicionais poderase pescar na devandita modalidade os xoves, establecidos coma días inhábiles para estes coutos na modalidade de pesca tradicional.

miércoles 26 de octubre de 2011

Restauración do río Elwha (Estados Unidos)




A demolición de grandes presas é algo habitual dende hai anos en Estados Unidos. Aquí, no país da pandereta, seguimos a degradar a nosa natureza en beneficio duns poucos.

lunes 17 de octubre de 2011

lunes 8 de agosto de 2011

miércoles 13 de julio de 2011

Golpe ó Anllóns na Laracha

Fotografías por S.P.C.R. Fario A Laracha







Malas noticias para a natureza... Que novidade! Pois si; A pasada fin de semana aparecían na parte alta do recén estreado Couto da Laracha, un número considerable de troitas co bandullo mirando ós abeneiros. A auga do Anllóns, moi escasa xa a estas alturas do ano, baixaba cunha cor gris-blanquecina por debaixo da "depuradora" da localidade larachesa. Os cadáveres das troitas recuperadas e non recuperadas (grandes e pequenas) contábanse por centos. Agora ós socios da S.P.C.R. Fario (a cal colabora con Medio Rural na xestión do devandito couto), quédasenos cara de parvos e incrédulos ante semellante desfeita. O traballo realizado, mimando e coidando do río e o seu entorno durante os últimos anos no valeu de nada, porque centos de metros de vida fluvial están barridos do mapa. Os gardas da Xunta xa presentaron a correspondente denuncia: Esperemos que non se garde nun caixón e que fique no olvido. O culpable ou culpables que paguen por esta neglixencia. E rematando xa; dicir que estes sucesos pasan, porque nesta república bananera da que din que forma parte da Unión Europea, recibíronse durante moitos anos fondos para que hoxe en día as nosas augas estiveran depuradas e limpas... Na vez deso temos o que temos; non temos unha merda, senón que temos moita merda pinchada nun pau.












miércoles 6 de julio de 2011

lunes 27 de junio de 2011

Endesa pretende liberar centos de toneladas de lodos tóxico no Eume

Pois si, Endesa, unha desas empresas que van de "verdes" pola vida, pretende sacar os lodos acumulados durante décadas no encoro de A Capela no río Eume e ceibalos río abaixo, co fin de pór en marcha o caudal ecolóxico que ata agora non cumpriu. Esto preténdeo facer mediante a presentación dun proxecto ambiental á Xunta no que a actuación é a retirada deses lodos para arranxar o desaugadoiro do fondo da presa.


Na miña opinión, Endesa, maís que unha gran empresa é unha cheirenta morea de bosta. Que gasten o diñeiro (que teñen moito a costa de roubar a Galicia) e que fagan as cousas como debe de ser: Que saquen eses lodos, pero que os depositen nun lugar seguro onde non exista risco de contaminación para o medio ambiente.


Para máis información, ler a noticia de GaliciaHoxe.com a través da seguinte ligazón: