miércoles, 26 de octubre de 2011

Restauración do río Elwha (Estados Unidos)




A demolición de grandes presas é algo habitual dende hai anos en Estados Unidos. Aquí, no país da pandereta, seguimos a degradar a nosa natureza en beneficio duns poucos.

lunes, 17 de octubre de 2011

lunes, 8 de agosto de 2011

miércoles, 13 de julio de 2011

Golpe ó Anllóns na Laracha

Fotografías por S.P.C.R. Fario A Laracha







Malas noticias para a natureza... Que novidade! Pois si; A pasada fin de semana aparecían na parte alta do recén estreado Couto da Laracha, un número considerable de troitas co bandullo mirando ós abeneiros. A auga do Anllóns, moi escasa xa a estas alturas do ano, baixaba cunha cor gris-blanquecina por debaixo da "depuradora" da localidade larachesa. Os cadáveres das troitas recuperadas e non recuperadas (grandes e pequenas) contábanse por centos. Agora ós socios da S.P.C.R. Fario (a cal colabora con Medio Rural na xestión do devandito couto), quédasenos cara de parvos e incrédulos ante semellante desfeita. O traballo realizado, mimando e coidando do río e o seu entorno durante os últimos anos no valeu de nada, porque centos de metros de vida fluvial están barridos do mapa. Os gardas da Xunta xa presentaron a correspondente denuncia: Esperemos que non se garde nun caixón e que fique no olvido. O culpable ou culpables que paguen por esta neglixencia. E rematando xa; dicir que estes sucesos pasan, porque nesta república bananera da que din que forma parte da Unión Europea, recibíronse durante moitos anos fondos para que hoxe en día as nosas augas estiveran depuradas e limpas... Na vez deso temos o que temos; non temos unha merda, senón que temos moita merda pinchada nun pau.












miércoles, 6 de julio de 2011

lunes, 27 de junio de 2011

Endesa pretende liberar centos de toneladas de lodos tóxico no Eume

Pois si, Endesa, unha desas empresas que van de "verdes" pola vida, pretende sacar os lodos acumulados durante décadas no encoro de A Capela no río Eume e ceibalos río abaixo, co fin de pór en marcha o caudal ecolóxico que ata agora non cumpriu. Esto preténdeo facer mediante a presentación dun proxecto ambiental á Xunta no que a actuación é a retirada deses lodos para arranxar o desaugadoiro do fondo da presa.


Na miña opinión, Endesa, maís que unha gran empresa é unha cheirenta morea de bosta. Que gasten o diñeiro (que teñen moito a costa de roubar a Galicia) e que fagan as cousas como debe de ser: Que saquen eses lodos, pero que os depositen nun lugar seguro onde non exista risco de contaminación para o medio ambiente.


Para máis información, ler a noticia de GaliciaHoxe.com a través da seguinte ligazón:



viernes, 27 de mayo de 2011

De paus e de pesca. Boicalvo: Couto sen... troita. Cecebre: Selva amazónica

Nas últimas temporadas de pesca, estáseme dando por dar "paus de cego". É dicir, o de ir a un río ou tramo ó que nunca fora ou que nunca pescara... E que gran acerto a expresión "paus de cego", porque paus estou levando unha morea deles. Por unha parte, vas tan tranquilo pescar a ese sitio novo que non coñeces e con incertidume e o resultado da aventura, a maioría das veces é decepcionante. E por outra podes vir máis ou menos contento, pero cando chegas ó coche atopas a chapa coa "sinatura" dalgún Australophitecus que aínda non superou as fases para chegar a Homo Sapiens. Xa me ocorreu este detalle en máis dunha ocasión; e só podo dicir que estes galeguiños saídos de detrás da silveira e tan detallistas comigo, tiveron moita sorte de que non os pillara deixándome a súa "marca persoal". Sei o que pretenden, como é obvio. Pero a min non me intimidan esta panda de retrasados que se adican a facer mal ó que non lles pertence. Deben ter medo de que non lles queden troitas nos ríos porque cren (coma os ladróns) que todos son da súa condición. Son criaturas desa especie que neste país é tan dañina e que non damos acabado con ela. Son os que realmente fan mal ós ríos, por que arramplan con todo para o peto (con tal de que teña ollos xa lles val). Eu teño uns principios e son fiel a eles: Non vou baixar as orellas e mirar e ir para outro lado. Polo tanto a min non me van quitar de ir ó río.




E como comentaba ó principio, hai paus que xa te atopas segundo vas entrar no río ou cando comezas a pescar e ves o cruda realidade: Pasoume hai uns días cando se me ocorreu probar sorte e visitar o Couto de Boicalvo no río Lengüelle, xa que pescara outros tramos libres do devandito río e que son moi decentes e do mellor que hai por aquí cerca. Pois a realidade que vin foi frustrante: Por unha banda, sorprendeume que houbese tantos coutos dispoñibles á venda a estas alturas da temporada. E por outra, e xa no río, vin que nas beiras non había carreiros dos pescadores... Mala señal! O tempo que ía non era o máis alentador (vento do nordés moderado), pero nen unha troita en postura, só se vía o fondo do río e os brizos, e nada máis. Moi pouquiña vida piscícola, resumindo. Nunha corrente, a culleriña conseguiu enganar unha pequena pintona duns 13 cm e que voltuou inmediatamente ó seu medio. Seguín río abaixo e abrindo camiño sen ningunha picada nin nada que me sorprendese. Ás 3 horas voltei para a casa preguntándome como a administración autonómica ten a cara de cobrar un permiso para pescar un couto que non ten vida... Que non ten pesca. Está visto que o verquido que matou centos de troitas en Outubro de 2008 deixou o tramo deserto de troitas, e á vista está que non se fixo nada por recuperalo. Na miña opinión, debería estar vedado. Frustrante ver a deixadez de funcións da Consellería competente.




E enlazando con esta deixadez, escribo agora sobre o Couto de Cecebre sen morte. Cada ano é máis difícil acceder a pescar, porque a maleza invade as inmediacións do río Mero. É literalmente unha selva, na que as silvas e as herbas superan os 2 m, sen esaxerar. A este paso hai que ir cana nunha man e fouce na outra, porque se non é imposible. A onde pretenden chegar os que teñen a vara de mando? Non se dan conta que o feito de ter uns ríos limpos e con vida é un reclamo turístico que supón ingresos económicos para a hostelería? Pois nada... Nós ó noso... Canto temos que aprender neste senso (e en moitos outros) dos Estados centroeuropeos! Temos o que nos merecemos: País bananero!

jueves, 21 de abril de 2011

O río Xallas recupera a súa fervenza

A Fervenza do Ézaro do río Xallas, volve ser unha fervenza dende que hai uns 23 anos deixase de selo, pola permisividade da Administración competente ante a seca levada a cabo pola "todopoderosa" Ferroatlántica de Villar Mir. Corre agora, de Santa Uxía para abaixo, o caudal ecolóxico obrigatorio por lei, e que a devandita empresa pasaba polo forro. Agora a Augas de Galicia non lle queda outra que obrigar a cumplilas normas, grazas ás denuncias e accións levadas a cabo por asociacións como AEMS-Ríos con Vida e pola Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG. Unha batalla vencida dentro desta guerra contra os terroristas medioambientais que utilizan e deterioran o medio natural para beneficio propio.

Máis información nas seguintes ligazóns:


martes, 22 de marzo de 2011

AEMS-Ríos con Vida denuncia que a presa de Cecebre incumple a Lei

AEMS-Ríos con Vida presentou hai uns días unha denuncia ante a Fiscalía por posible delito mediambiental; xa que o encoro de Cecebre incumple a lexislación ó non ter unha escada habilitada para o remonte das especies migradoras (Troita, Reo, Salmón, Anguía, etc.) e non respectar o caudal ecolóxico.

Máis información nesta ligazón:


http://www.laopinioncoruna.es/metro/2011/03/11/ecologistas-denuncian-fiscal-presa-cecebre-incumple-ley/475553.html


miércoles, 9 de febrero de 2011

Veto do Parlamento Galego á construción de novos encoros

Segundo unha noticia de Xornal.com, o Parlamento Galego vén de acordar o veto á construción de novos encoros nos ríos galegos... Xa era hora! Parece que os aproveitamentos hidroeléctricos bloquedos polo bipartito en 2005 e tramitados con présa polo executivo de Fraga antes de deixar o goberno da Xunta, serán finalmente anulados e non se construirán.

Para máis información:

http://www.xornal.com/artigo/2011/02/08/galicia/veto-unanime-construcion-novos-encoros-nos-rios-galegos/2011020823034102949.html

jueves, 3 de febrero de 2011

Normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2011

Saiu publicada no D.O.G. a orde pola que se establece a normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2011:

Con carácter xeral, o período hábil para a pesca da troita vai dende o 20 de Marzo ó 15 de Agosto. Nos coutos de pesca sen morte, coutos intensivos e tramos de pesca sen morte, o período hábil é dende o 20 de Marzo ó 30 de Setembro. Nas masas de auga establecidas como de salmón, reo e nas cabeceiras de ríos de montaña será dende o 1 de Maio ó 15 de Agosto.
Hai que destacar que o tramo libre de pesca sen morte de Rábade, no Río Miño, non tornou a tramo libre tradicional. Días atrás, nalgúns sitios da rede, advertíase que a Xunta podía levar a cabo a cacicada de catalogar o devandito tramo como de pesca con morte, pero afortunadamente non foi así. Polo tanto, esta é unha gran noticia.