jueves, 13 de noviembre de 2008

Concentración no Encoro da Fervenza-Río Xallas

O día 11 deste mes de Novembro de 2008, cumplíase un ano do desastre do Encoro da Fervenza, que provocara a morte de milleiros de peixes ó quedar a presa prácticamente sen auga: CULPABLE FERROATLÁNTICA de VILLAR MIR. Ante o aniversario desta catástrofe, para espresar a xenreira hacia estes tristes acontecementos e para que éstes non se repitan, o Club Salmo de A Coruña, convoca unha concentración este Sábado 15 de Novembro na Presa da Fervenza ás 12:00 do mediodía.
Saúdos.

domingo, 26 de octubre de 2008

O Lengüelle... de novo


Xa había un par de mesiños que non escribía neste espazo da rede, e pensara en contar como me fora nos derradeiros días de pesca fluvial no país dos mil ríos. Pois ben, a idea truncouse e terá que esperar a días mellores, xa que esta semana ocorreu outra desgracia; esta vez no Río Lengüelle ó seu paso por Xesteda (Couto de Boicalbo, Cerceda) (Ver a noticia en: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/21/0003_7242733.htm?idioma=galego): centos de troitas apareceron na superficie da auga co bandullo mirando ás polas dos abeneiros. Parece que nunca (co case diante) se pode falar de noticias alegres cando de natureza se trata. O Lengüelle, non vive tranquilo dende hai moito tempo por mor da industria contruída no seu arredor. Esa industria, incluída SOGAMA, son os principais sospeitosos, ou directamente culpables dos "paus" que recibiu o río dende hai uns anos. Estaba comezando a recuperarse, pero outra vez a pantasma dos verquidos contaminantes se cebaba cun río galego. Levamos un ano no que non chegan os dedos das mans para contar as desgracias nos cursos fluviais desta parte da Península: comezando polo Catasol (por partida doble), seguindo pola catástrofe do Xallas, o Ulla, o Umia, o Miño, o Lagares, o Mandeo, o Grande, o Gallo, o Con, o Eume, o Mero (pesqueino varios días no verán e en ocasións, a auga levaba unha cor máis que sospeitosa), o Landro, o Mercurín, o Tambre, o Dubra, o Xuvia (que non "Jubia", como se oe dicir por aí...), e acabando polo Lengüelle. (e seguro que se me esquece algún).


Unha imaxe, por desgracia, demasiado habitual

Por todo este desolador panorama, o próximo texto que escriba (se desilusión me deixa) irá adicado a como me foi nos derradeiros días da tempada de pesca fluvial no país dos mil desaugues. E dende aquí dou un berro cheo rexeitamento a esta serie de verquidos, pedindo á Consellería de Medio Ambiente traballo e dedicación abasoluta para parar isto, e por suposto, para atopar e sancionar ós culpables de tan detestables feitos.

Saúdos.

A fotografía está sacada da páxina: http://www.lavozdegalicia.es

lunes, 18 de agosto de 2008

¡Perigo! Gando porcino "autóctono" ceibo

Este titular deberíase pór en carteis anunciadores en áreas verdes, para avisar a aquelas persoas que van de paseo desexando encontrar un espazo libre de lixo, de que sen non queren coller un cabreo de "dous pares", así xa non sigan; posto que, progresivamente, está proliferando un novo tipo de porco "autóctono" en Galiza, ó cal deixan andar ceibo por festas, romerías do país e outros sitios. Un bo exemplo (hai moitos outros), son os regos de merda que se podían ver a semana pasada na insua da cola do Encoro da Fervenza (Río Xallas) e arredores, onde se celebrou (e se celebra tódolos anos) a festa denominada co mesmo nome. Eu que ía cana de pescar en man, comecei a ter arcadas, polas continuas moreas de lixo (bolsas, botellas, cagallóns, compresas, basos... de todo) que ía atopando e tendo moita conta de non pisar unha desas cagadas de porco. Parece que estes animais non saben desfrutar da festa sen ensuciar, porque penso que non é tan difícil coller e cando todo remata, meter os restos de lixo en bolsas e levalas a un contedor, que seguro que hai varios de camiño; e se che entra un apuro, seguro que pode haber servizos ó dispor dos usuarios.



Os porcos que ten o veciño na súa granxa, seguro que teñen máis cerebro que os que fixeron isto


Non hai que xeralizar, pero polo momento, e parece mentira que estemos no século XXI, non nos concienciemos de que o mundo non é noso, e non podemos facer o que nos veña en gaña. Hai outros seres e outras persoas ás que respetar neste planeta e na sociedade. A algúns o ir á escola, está visto que non lles serviu de moito. Respetemos o medio natural, e pensemos nas xeracións futuras, que van ser os que peor o van pasar se non cambiamos o rumbo das cousas. Tornemos esta sociedade de porcos (ou preas) nunha sociedade de persoas con tódalas letras.


Non estaban na cuadra: estaban de parranda


Os montes, os ríos, os animais, están continuamente sufrindo agresións. Este verán parece que os incendios forestais (ó igual que o ano pasado) van a menos, pero pola contra, está sendo un ano fatal para os cursos fluviais. Esta última semana houbo mortandades de troitas nos Ríos Grande (en Vimianzo) e Gallo (en Cuntis), por uns verquidos dos cales non se sabe aínda a procedencia. Por outra banda, a mala sorte cebouse co Río Catasol a finais de xullo (afluente do Furelos, e que xa sufriu un verquido de puríns hai cousa dun ano), coa vertedura de alquitrán procedente da cisterna dun camión accidentado no seu leito. E o Eume segue en agonía dende hai dous meses, sen que a Xunta de Galicia actue como é debido, con man dura. Negro panorama. Espero que esa especie endémica de "porco de Galiza", tome conciencia do porco que é, e por fin deixe de selo.

Saúdos.


As fotografías son do autor do blog.

lunes, 4 de agosto de 2008

Por terras do Ribeiro


O Arnoia en Pontearnoia



Boas de novo a todos. Despois de tomar o mes de Xullo como mes de, entre comiñas, "descanso", volvo porme ante as teclas do ordenador para contarvos a última espedición sendeiro-pesqueril á provincia de Ourense, na que por certo, nunca pescara. Os foreiros do foro de pesca da páxina web de Secundino Lorenzo (www.galeon.com/sloren), acordamos reunirnos nun Río e compartir unha xornada de pesca, coñecementos, vivencias, etc. Ó final, por diferentes motivos, só poidemos ir Pedro e máis eu. O Domingo 3 deste mes, erguinme cedo, collín os aparellos, metinos no coche e arranquei cara Pontearnoia (Pasando Ribadavia). Cheguei sobre as 11 da mañá, e Pedro xa levaba unhas horas no Río tentando ás esquivas pintonas do Arnoia. Procuramos enganalas ata a hora de comer sen éxito (Pedro só collera unha). Teño que dicir que non estou acostumado á calor de Ourense, e sudei "de lo lindo". Fomos comer, e de paso vimos un pouco a Fórmula 1, ademáis de charlar sobre pesca e un pouco da vida de cada un. Posteriormente e sen durmir sesta, movémonos cara o Río Avia, por encima de Ribadavia, para logo ir máis arriba a Pazos de Arenteiro. O Avia levaba menos auga que o Arnoia, ademáis de ter tramos moi parados, pero os dous gustáronme pola súa beleza. Pedro (grandísimo pescador coa cucharilla, un maestro) ainda ía pescando algo, pero eu... non o digades por aí, o que é "catar" unha troita non a catei: e iso que que probei con mosca seca e ninfa, para despois cambiar ó aparello de buldó. O resultado foi un escalo que me deu Pedro e outro que collín eu.


O Avia en Pazos de Arenteiro

Foi outro capote para a coleción... Pero paseino ben igual, que quede claro. Con desfrutar da natureza xa me basta. E máis cun compañeiro de espedición coma Pedro (dende aquí un saúdo e moitas grazas pola xornada). A temporada que ven espero repetir máis dunha vez e que veña máis xente.

As fotografías son do autor do blog.

viernes, 20 de junio de 2008

Mortandade de reos no Río Eume

O Río Eume
A alarma saltou o fin de semana pasado nas Fragas do Eume: uns pescadores avistaron a varios reos (Salmo Trutta Trutta) mortos na superficie da auga e a outros agonizando e con manchas polos seus corpos (visitar a páxina http://www.vadeando.com/). O SEPRONA recolleu algúns reos finados para a súa análise ó igual que recolleu mostras de auga para intentar averiguar o por que da morte dos peixes. O curioso e estrano é que non apareceron troitas (Salmo Trutta Fario) mortas nen enfermas. Polo momento non se sabe que é o que pode estar acontecendo nas augas do Eume, pero espero que pronto se chegue a unha conclusión e se depuren as responsabilidades de tan triste suceso. O culpable/s debe/n pagar e que isto lle/s doia moito. Parece que os problemas dos Ríos/as, e da Natureza en xeral non se resolven: hai unhas semanas houbo verquidos de carburantes no Río Ulla e no Miño; esta semana outro no Mendo en Betanzos; a Ría do Burgo é unha poza negra e non se dá posto un remedio; por non falar da catástrofe ocorrida no Novembro pasado no Encoro da Fervenza no Río Xallas e que matou a milleiros de peixes. Estou perdendo a esperanza polo feito de que a Administración Local e Autonómica poñan unha solución dunha vez a este descontrol e que a Lei mostre a súa parte máis dura contra os terroristas meidoambientais. Pero iso: a esperanza é o último que se perde.
A fotografía está sacada da páxina: http://picasaweb.google.com

viernes, 16 de mayo de 2008

Carta a un poeta "antiecologista" y a sus secuaces

Encoro de Frieira no Miño
Estando nun foro de pescadores veu un "poeta" dicindo frases coma "que desaparezcan los ecologistas y que dejen en paz al mundo" ou "ríos sí, hormigón también"... e outra xoia:
"energías eólicas y/o solares. Ambas energías no son eficientes y, además, no son económicas" defendendo como é obvio a construcción continuada en Galiza de encoros, minicentrais, etc. Pois ante esta morea de barbaridades, hai que escribirlle unha pequena carta a este gran "poeta" gallego, e a ver se a sabe ler, cousa que dubido...

"energías eólicas y/o solares. Ambas energías no son eficientes y, además, no son económicas"; ó fin e ó cabo, o que vos importa a tipiños coma ti, é iso ¿non? O DIÑEIRO. ¿Que é o que pretendes? ¿Que se constrúan máis encoros no Miño? por exemplo; como ten poucos... E apoiarás a Villar Mir, que non lle chega con ter catro encoros nun Río como é o Xallas, que nin á súa desembocadura (unha das máis fermosas e singulares do mundo) lle deixan unha mexada de auga; e non estando contentos con isto, agora queren facer unha presa máis grande (Novo Castrelo) que acabaría por anegar a última Fraga máis occidental de Europa, a Carballeira de Anllares. ¿Queres que siga? As presas que ti tanto defendes e ós seus donos, impórtalles un carallo (con perdón) os ríos e a natureza (Fenosa, Iberdrola, etc.) É outra maldita herdanza dos 40 anos de Francisco (comparable con Fernando VII; os dous son a vergoña dos galegos e dos españois). Por culpa dos encoros, desapereceu o Salmón do Miño, do Tambre; o Umia está defenestrado, o Eume igualmente, e podería seguir dicíndoche a cantidade de Ríos e Regatos finados en km. por culpa desas minicentrais de cemento que tanto che gustan. Estes son argumentos con pé de HORMIGÓN, dun ecoloxista que o é dende pequeno; os teus caen pola forza da AUGA e dos RÍOS. A algúns déronnos unha educación acorde, ou polo menos próxima ós tempos que corren. Homiño de Deus... a ti educáronte con ideas reccionarias, propias da forma de pensar de "Paquito el chocolatero del Ferrol". Penita, pena... ¡Qué Dios guarde de ti!

martes, 13 de mayo de 2008

A troita que me alegrou a alma


O Sábado á tarde baixei pescar, a eso das 18:30, ao meu querido Río Pingüela (ou do Val de Veiga), chovía e parecía que podía conseguir algunha captura a pesar do vento. Fun probando nas correntes e nos pozos pescando á miñoca e conseguín ter unha cantas picadas en case tódalas varadas. Ata que cheguei a unha pequena corrente na que non pescaba dende o 18 de Marzo (onde conseguira unha captura duns 25 cm. que devolvín á auga)coa esperanza de que alí podía haber algunha pintona. Lancei o engado, e ao intentar mover a cana noto que está clavada como se fose nunha herba ou brizo; tiro con forza para desenganchar, cando vexo que o sedal comeza a moverse dun lado para outro, pego un tirón... e aí estaba outra vez a mesma troita daquel 18 de Marzo, máis gorda, pero a mesma, chapoteaba na superficie da auga e a punta da cana doblábase todo o que podía ante a loita da pintona. Foi un momento incríble. O malo é que vin enseguida que sangraba moito polas agallas, e comprobei que tragara moito o anzol: inmediatamente cortei o sedal cos dentes, porque sacarlle o anzol sería mortífero. Observei a troita dúas ou tres veces antes de meterme no Río para ceibala de novo, ¡preciosa!, reanimeina durante uns minutos e parou de sangrar. Ó pouco, foi coleando cara á corrente ata refuxiarse na cepa dun abeneiro... Elegroume a tarde, nunca me pasara isto, e podo dicirvos que é escepcional; e mostra o grande que é a pesca. Alegroume a alma e sentinme coma nunha nube. Un saúdo a todos.

lunes, 7 de abril de 2008

Las aficiones: unas cuantas

Bueno gente! Un saludo antes de nada. Soy Álvaro, un joven de 24 años que desea compartir con los internautas información, anécdotas, etc. o lo que sea sobre mis aficiones; que son unas cuantas :)
Me encanta desde muy pequeño el deporte, sobretodo el fútbol. Mi equipo de siempre, en las duras y las maduras, es el Depor, y parece que esta temporada está saliendo mejor de lo que nos pensábamos hace tan solo unos pocos meses. Mis jugadores favoritos son dos zurdos y ya están retirados: Fran y el gran Maradona (para mí el jugador más determinante y brillante de la historia). He tenido el privilegio (si se me permite la palabra) de verlos en directo a los dos en el mismo partido; fue en Riazor, en un Deportivo-Sevilla de la temporada 92/93 con resultado de 2-0. Como sabéis era el comienzo de la época dorada del Deportivo y Fran era un valor en alza, sin embargo, Maradona estaba en horas bajas, pero intentando "salir a flote". Una pena lo que le ocurrió en el 94.De estos dos cracks se puede hablar largo y tendido, y lo haré en breve.
El deporte es algo fundamental para llevar una vida sana y para sentirse bien uno mismo. Juego en un equipo de fútbol de Tercera Regional (soy bastante paquete xD): juego casi siempre en la defensa de lateral, pero también en medio campo e incluso de delantero. De hecho he juagdo en todas las posiciones menos la de portero xD Cuando puedo salgo a hacerme unos km. de carrera continua y sientan de maravilla.
Otra de mis pasiones es la Fórmula 1. Aunque aquí la afición es pasiva xD: lo veo por la tele y me informo en las revistas especializadas, compro libros o DVD's. Mi interés por la Fórmula 1 ha ido creciendo a lo largo de estos años y la culpa de ello la tiene Fernando Alonso. Para mí es uno de los mejores pilotos de la historia de este deporte, y lo demuestra temporada a temporada; y estoy seguro de que en el futuro conseguirá más campeonatos del mundo. La irregularidad es algo que no existe en su forma de pilotar. Tanto en seco como en mojado, no comete fallos. La presión no hace temblar ni la cabeza, ni las manos, ni los pies de Fernando. En 2005 y 2006 ganó los campeonatos del mundo con un monoplaza menos veloz pero más fiable que sus principales rivales, McLaren y Ferrari, dando cuenta de su gran habilidad al volante. El año pasado McLaren (todo el mundo lo ha visto) le dio al asturiano un trato poco ético y poco acorde con su categoría, nivel profesional y logros conseguidos en anteriores temporadas. Fernando ante esta situación, se comportó como buen profesional, teniendo que aguantar las jugarretas de su compañero de equipo L. Hamilton y el trato preferente a éste por parte de Dennis, y de los comisarios de la FIA (como en Hungaroring). Al final el gran perjudicado fue Fernando y el que aprovechó la pésima gestión de Dennis (espionaje incluido), y los fallos garrafales de Lewis en China y Brasil fue Ferrari ganando el mundial de pilotos y de constructores. Esta presente temporada se presenta como una incógnita para el español: el R28 no está a la altura de los grandes y Fernando hace lo que puede en cada carrera para poder arañar puntos. Esperemos que los resultados vayan mejorando.
La música: mi estilo preferido es el hip-hop, aunque escucho muchos otros estilos. El funky de los 70, el soul, el rock de los 60-70, el house, el reagge, etc. Soy discjockey; colecciono vinilos desde hace 7 años, cuando empecé a hacer mis primeras sesiones con dos giradiscos y una mezcladora. En la actualidad soy el dj de El Pablo y de Ales&Skep, mc's de Coruña. Además he formado parte del grupo La Galerna (junto con Ales y Element) y sacamos una maketa llamada "Cuando La Galerna suena" en el año 2005. He colaborado en la maketa de Element "Nébula" (2006). Mis influencias y artistas favoritos son Common, Pete Rock & CL Smooth, Jay Dee (D.E.P.), 9th wonder, Nas, EPMD, Masta Ace, DJ Premier, DJ Q-bert, DJ Babu, DJ Tedu, Acción Sánchez, Jotamayúscula, Geronación, Ari, Violadores del Verso, 7Notas7Colores, Payo Malo, Aretha Franklin, James Brown, Bob Dylan, The Doors, Bob Marley, Blur, Oasis, Cold Play, etc, etc.
Continuará....