viernes, 27 de mayo de 2011

De paus e de pesca. Boicalvo: Couto sen... troita. Cecebre: Selva amazónica

Nas últimas temporadas de pesca, estáseme dando por dar "paus de cego". É dicir, o de ir a un río ou tramo ó que nunca fora ou que nunca pescara... E que gran acerto a expresión "paus de cego", porque paus estou levando unha morea deles. Por unha parte, vas tan tranquilo pescar a ese sitio novo que non coñeces e con incertidume e o resultado da aventura, a maioría das veces é decepcionante. E por outra podes vir máis ou menos contento, pero cando chegas ó coche atopas a chapa coa "sinatura" dalgún Australophitecus que aínda non superou as fases para chegar a Homo Sapiens. Xa me ocorreu este detalle en máis dunha ocasión; e só podo dicir que estes galeguiños saídos de detrás da silveira e tan detallistas comigo, tiveron moita sorte de que non os pillara deixándome a súa "marca persoal". Sei o que pretenden, como é obvio. Pero a min non me intimidan esta panda de retrasados que se adican a facer mal ó que non lles pertence. Deben ter medo de que non lles queden troitas nos ríos porque cren (coma os ladróns) que todos son da súa condición. Son criaturas desa especie que neste país é tan dañina e que non damos acabado con ela. Son os que realmente fan mal ós ríos, por que arramplan con todo para o peto (con tal de que teña ollos xa lles val). Eu teño uns principios e son fiel a eles: Non vou baixar as orellas e mirar e ir para outro lado. Polo tanto a min non me van quitar de ir ó río.




E como comentaba ó principio, hai paus que xa te atopas segundo vas entrar no río ou cando comezas a pescar e ves o cruda realidade: Pasoume hai uns días cando se me ocorreu probar sorte e visitar o Couto de Boicalvo no río Lengüelle, xa que pescara outros tramos libres do devandito río e que son moi decentes e do mellor que hai por aquí cerca. Pois a realidade que vin foi frustrante: Por unha banda, sorprendeume que houbese tantos coutos dispoñibles á venda a estas alturas da temporada. E por outra, e xa no río, vin que nas beiras non había carreiros dos pescadores... Mala señal! O tempo que ía non era o máis alentador (vento do nordés moderado), pero nen unha troita en postura, só se vía o fondo do río e os brizos, e nada máis. Moi pouquiña vida piscícola, resumindo. Nunha corrente, a culleriña conseguiu enganar unha pequena pintona duns 13 cm e que voltuou inmediatamente ó seu medio. Seguín río abaixo e abrindo camiño sen ningunha picada nin nada que me sorprendese. Ás 3 horas voltei para a casa preguntándome como a administración autonómica ten a cara de cobrar un permiso para pescar un couto que non ten vida... Que non ten pesca. Está visto que o verquido que matou centos de troitas en Outubro de 2008 deixou o tramo deserto de troitas, e á vista está que non se fixo nada por recuperalo. Na miña opinión, debería estar vedado. Frustrante ver a deixadez de funcións da Consellería competente.




E enlazando con esta deixadez, escribo agora sobre o Couto de Cecebre sen morte. Cada ano é máis difícil acceder a pescar, porque a maleza invade as inmediacións do río Mero. É literalmente unha selva, na que as silvas e as herbas superan os 2 m, sen esaxerar. A este paso hai que ir cana nunha man e fouce na outra, porque se non é imposible. A onde pretenden chegar os que teñen a vara de mando? Non se dan conta que o feito de ter uns ríos limpos e con vida é un reclamo turístico que supón ingresos económicos para a hostelería? Pois nada... Nós ó noso... Canto temos que aprender neste senso (e en moitos outros) dos Estados centroeuropeos! Temos o que nos merecemos: País bananero!

2 comentarios:

Vilarfly dijo...

E triste, pero e a cruda realidade. Mentras uns se adican a clamar por "todo sen morte", todo prohibido... ninguén fai ABSOLUTAMENTE NADA por tratar de recuperar os nosos ríos, e moi doado manter unha postura "conservacionista" (postura diante dun teclado do ordenador) e que o traballo duro o fagan outros. Mentras sigamos tendo a Administración que temos, e mentras que os ríos non teñan un servicio de vixiancia como e debido, de pouco serve vedar, ou facer tramos sen morte (actualmente campos abertos para o furtivismo) si están abandoados da man de Deus. Coido que alguén debería de poñerse as pilas e comenzar a traballar.

Álvaro Martínez dijo...

Si; é triste. Pódese dicir que non melloramos co poso dos anos. Imos para atrás coma os cangrexos.