O pasado Domingo 6 de Xuño, celebrouse no Couto de Aranga do río Mandeo, e como xa vén sendo habitual, o Campionato Provincial de Salmónidos Mosca. A eso de comezar a 1ª manga da mañá, que me tocou pescar había algo de néboa, que foise disipando co paso dos primeiros minutos e comezou a aperecer o Sol. O río baixaba con non demasiada auga e o tramo a pescar era bastante bo (igual que pola tarde... tiven moita sorte), con sucesivas correntes. O certo é que conforme se esgotaba o tempo, as troitas non facían moito caso do engado e non foi ata faltando unha media hora escasa para rematar o meu turno, que dúas pintonas entraron con gañas á mosca en pouco intervalo de tempo entre ámbalas dúas, as cales valeron para puntuar. Polo menos xa non tiña un carolo coma o ano pasado... Pola tarde, as troitas seguiron mostrándose reáceas a comer na mosca, pero de novo conseguín outras dúas, que valéronme para sumar catro capturas das cales a peza maior medía 19,5 cm. Clasifiquei como 11º na clasificación final, algo sorprendente para min, sobretodo despois da "bicicleta" do ano pasado... De modo global, os meus compañeiros de Fario; Suso, Luisma, Juan Carlos e Martín e máis eu obtivemos uns bos resultados, ainda que houbo uns tramos que tocaron a pescar que eran bastante pésimos. Destacar o bo ambiente entre tódolos pescadores e organizadores (Federación Galega de Pesca e Sociedade Río Mandeo) e o desenvolvemento con total fluidez e normalidade da xornada.
O gañador foi David Arcay (Salmo), seguido no 2º posto por Miguel Prieto (V. As Pontes) e no 3º lugar Carlos Pernas (Trutta).
O gañador foi David Arcay (Salmo), seguido no 2º posto por Miguel Prieto (V. As Pontes) e no 3º lugar Carlos Pernas (Trutta).
No hay comentarios:
Publicar un comentario