jueves, 2 de diciembre de 2010

O Eume en perigo de morte

O río Eume e as súas fragas; unha das moitas marabillas deste recuncho da península, segue en perigo de morte, a causa do famoso sulfato de ferro procedente das filtracións hidrolóxicas consecuencia da obra da autovía Ferrol-Vilalba. Por outra banda, o río segue case seco en pouco máis de 3 km. Dende o dique do encoro dos terroristas medio ambientais, Endesa, ata a central de Ventureria: Non hai caudal ecolóxico... Os tempos de Franco, neste e noutros aspectos, seguen presentes. País bananero!

Nesta ligazón que poño abaixo, accédese ó vídeo no que se ve con claridade o atentado ecolóxico que se está a levar a cabo coa permisividade das administracíóns competentes. Unha imaxe val máis que mil palabras:


http://www.youtube.com/watch?v=RagbYE_QuuU

viernes, 17 de septiembre de 2010

Reos guiados en Galicia no 2010 Act. 13-09-10

Datos actualizados a 13 de Setembro sobre os reos guiados nos nosos ríos, logo de que no mes de Agosto a Consellería do Medio Rural non publicara os devanditos números. Éstes son (como é obvio) oficiais e orientativos, xa que hai moitos reos que se sacrifican pero que non se guían. Aínda así, e como reflexa o cadro, os datos van camiño de facer que a temporada reeira deste 2010 sexa tan mala coma a do ano 2007.


Pinchar no cadro para velo ampliado



martes, 27 de julio de 2010

lunes, 26 de julio de 2010

Verquido de purín no Río Donas

Noticia de Xornal de Galicia:

A rotura dunha balsa de purín dunha explotación gandeira é a posible causa da morte de máis de 500 troitas no río Donas en Negreira.

Para máis información visitar a ligazón de xornal.com:

http://www.xornal.com/artigo/2010/07/23/galicia/vertido-purin-rio-donas-causa-muerte-peces/2010072323510201676.html

miércoles, 7 de julio de 2010

viernes, 25 de junio de 2010

viernes, 11 de junio de 2010

Salmóns caprutados e reos guiados en Galicia no 2010 Act. 07-06-10



Pinchar nos cadros para velos ampliados

Campionato Provincial de Salmónidos Mosca 2010

O pasado Domingo 6 de Xuño, celebrouse no Couto de Aranga do río Mandeo, e como xa vén sendo habitual, o Campionato Provincial de Salmónidos Mosca. A eso de comezar a 1ª manga da mañá, que me tocou pescar había algo de néboa, que foise disipando co paso dos primeiros minutos e comezou a aperecer o Sol. O río baixaba con non demasiada auga e o tramo a pescar era bastante bo (igual que pola tarde... tiven moita sorte), con sucesivas correntes. O certo é que conforme se esgotaba o tempo, as troitas non facían moito caso do engado e non foi ata faltando unha media hora escasa para rematar o meu turno, que dúas pintonas entraron con gañas á mosca en pouco intervalo de tempo entre ámbalas dúas, as cales valeron para puntuar. Polo menos xa non tiña un carolo coma o ano pasado... Pola tarde, as troitas seguiron mostrándose reáceas a comer na mosca, pero de novo conseguín outras dúas, que valéronme para sumar catro capturas das cales a peza maior medía 19,5 cm. Clasifiquei como 11º na clasificación final, algo sorprendente para min, sobretodo despois da "bicicleta" do ano pasado... De modo global, os meus compañeiros de Fario; Suso, Luisma, Juan Carlos e Martín e máis eu obtivemos uns bos resultados, ainda que houbo uns tramos que tocaron a pescar que eran bastante pésimos. Destacar o bo ambiente entre tódolos pescadores e organizadores (Federación Galega de Pesca e Sociedade Río Mandeo) e o desenvolvemento con total fluidez e normalidade da xornada.

O gañador foi David Arcay (Salmo), seguido no 2º posto por Miguel Prieto (V. As Pontes) e no 3º lugar Carlos Pernas (Trutta).

miércoles, 26 de mayo de 2010

lunes, 3 de mayo de 2010

Primeiro salmón do 2010 no Ulla

Segundo unha noticia de La Voz de Galicia; o pasado Sábado 1 de Maio, foi pescado por un asturiano, o primeiro salmón do 2010 no río Ulla:

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/05/02/0003_8457034.htm?idioma=galego

Esperemos que esta temporada sexa mellor que a pasada sobretodo para o salmón, que está "tocando fondo".

Por outra banda, este temporada non estou tendo moito tempo para ir ó río. O pouco que fun non deu para moito. Pero podo dicir que o Valiñas non está como anos anteriores. A parte de que se encontra cheo da area arrastrada polas choivas dende as obras do novo Eixo Atlántico de Velocidade Alta e da nova estrada a Meirama, non se lle ve demasiada vida piscícola, cousa que me ten moi preocupado. Veromos como segue a cousa.

domingo, 14 de febrero de 2010

Normativa de pesca en augas continentais para a temporada 2010

O Martes 9 publicouse no Diario Oficial de Galicia a normativa de pesca nas augas continentais de Galicia para a temporada 2010. Deixo o enlace para vela:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/363A?OpenDocument

viernes, 29 de enero de 2010

Na memoria do Maestro dos Pescadores

Enlace do monográfico do programa Jara y Sedal na memoria de Rafael del Pozo Obeso, falecido en Cuba en 2009:

http://www.rtve.es/alacarta/todos/abecedario/J.html#675258