Despois das chuvias que precederan ó día 7 de Xuño, esperábase que o o Mandeo baixara revolto... e así foi, e ademáis algo crecido. Había que sacar as ninfas da caixa e poñelas a funcionar. O certo é que ou non funcionaron elas ou non funcionei eu. Vai ser que as dúas cousas e con maior probabilidade a segunda... A choiva e as baixas temperaturas para o mes de Xuño acompañáronnos ó longo da xornada. Pero o Couto de Aranga portouse moi ben de forma global, posto que se sacaron ó redor de 100 troitas puntuables. Ainda que eu levei un carolo nas dúas mangas, non me tocaron uns tramos moi difíciles de pescar, pero había zonas nas que a corrente era forte e había que andar con moito tino para non darse un chapuzón; e co día que estaba non era plan. Pero ben, de todos xeitos, a molladura xa a tiña igual...
Os participantes de Fario non sacamos bos resultados: Luisma e Rubén conseguiron cadansúa pintona e os demáis levamos unha "bicicleta"... Pero foi unha xornada na que o pasamos ben e como se soe dicir: xa virán mellores días de pesca.
O gañador do campionato foi Rafael Bellas (C.P. Xuvia), seguido por Alejandro Villanueva (V. Carballo) e Juan Carlos Suárez (Salmo).
1 comentario:
Pois a verdade é que ese día máis ben parecía de inverno de de casi verán, pero as miñas conclusións son ben claras, pescar na competición é moi diferente que disfrutar dun día de pesca, dun lance, dunha paisaxe, é algo para o que hay que estar mentalizado, entrenado e disposto, e eu aínda non o estou!!!!
Temos que planexar un día ou unha tarde piscatoria de reos ou troitas.
Saúdos.
Publicar un comentario