A asociación Coto do Frade do Ribeiro denunciou ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense a Gas Narutal Fenosa, á Consellería de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, polo dano biolóxico que ocasiona o encoro de Frieira no ciclo biolóxico da anguía.
Máis información no enlace da noticia de La Región:
http://www.laregion.es/noticia/237535/ecologistas/llevan/fiscalia/presa/frieira/
martes, 8 de enero de 2013
viernes, 28 de diciembre de 2012
A Xunta de Galicia autoriza a reapertura da mina de ouro de Corcoesto.
Non se podería esperar outra cousa dun goberno pepeiro. "Galicia Primeiro" ou "Galicia Primero", como realmente lles gusta ós "nacional-catolicistas" de novo cuño. O río Anllóns pasa por Corcoesto, e se xa ó longo do século XX levou unha "man de paus", por motivo do arsénico procedente da devandita mina de ouro e outras barbaridades contra o seu medio natural, que provocaron a desaparición do salmón atlántico do seu curso; agora ó presidente da Xunta ocórrese a "brillante idea" de autorizar a unha empresa foránea a reapertura e esplotación da mina. É vergoñento! Galicia está en mans de xente sen escrúpulos na que Galicia, non está primeiro; está en perigo. Si! En perigo! Porque se o noso medio ambiente importa un carallo a estes galegiños de patacón, eso quere dicir que de verde e natural, Galicia pasará a amarela e artificial. Galicia e os galegos en perigo, porque non ten sentido unha sociedade posmoderna e avanzada se ésta está incluída nun medio natural degradado. Pero os galegos sigamos votando como gobernantes a estes desalmados, que se xa nos foi mal con dezaséis anos de goberno fraguista, non quero pensar como serguirá con estes discípulos para os que Galicia é secundaria.
lunes, 19 de marzo de 2012
As primeiras
Onte comezou a temporada de pesca. Temporada que é unha incerteza polo escaso caudal dos ríos, logo dun inverno carente de choivas. É de esperar que a primavera que está a punto de entrar traia algo de auga; senón, a cousa pinta moi mal.
As fotografías que figuran enriba destas palabras, son dunhas troitiñas pescadas e devoltas á auga, onte día 18 á tardiña, posto que non me puiden acercar ó río no resto do día.
miércoles, 8 de febrero de 2012
Normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2012
O 18 de Xaneiro saiu publicada no D.O.G. a orde pola que se establece a normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2012.
Con carácter xeral; o período hábil para a pesca da troita vai dende o 18 de Marzo ó 31 de Xullo. Nos coutos de pesca sen morte, coutos intensivos e tramos de pesca sen morte, o período hábil vai dende o 18 de Marzo ata o 30 de Setembro. Nas masas de auga establecidas como como de salmón, reo e nas cabeceiras de ríos de montaña será dende o 1 de Maio a o 31 de Xullo.
Para mais detalles, deixo o enlace da orde:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120118/AnuncioC3H1-090112-10808_gl.html
Con carácter xeral; o período hábil para a pesca da troita vai dende o 18 de Marzo ó 31 de Xullo. Nos coutos de pesca sen morte, coutos intensivos e tramos de pesca sen morte, o período hábil vai dende o 18 de Marzo ata o 30 de Setembro. Nas masas de auga establecidas como como de salmón, reo e nas cabeceiras de ríos de montaña será dende o 1 de Maio a o 31 de Xullo.
A gran novidade desta temporada é que con carácter xeral o período hábil para a pesca da troita acórtase en 15 días. Pero por outra banda, nos coutos convencionados coas sociedades colaboradoras de pesca, prolóngase a temporada ata o 30 de Setembro na modalidade de pesca sen morte. Ademais, nos coutos tradicionais poderase pescar na devandita modalidade os xoves, establecidos coma días inhábiles para estes coutos na modalidade de pesca tradicional.
Para mais detalles, deixo o enlace da orde:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120118/AnuncioC3H1-090112-10808_gl.html
miércoles, 26 de octubre de 2011
Restauración do río Elwha (Estados Unidos)
A demolición de grandes presas é algo habitual dende hai anos en Estados Unidos. Aquí, no país da pandereta, seguimos a degradar a nosa natureza en beneficio duns poucos.
lunes, 17 de octubre de 2011
lunes, 8 de agosto de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)