Onte comezou a temporada de pesca. Temporada que é unha incerteza polo escaso caudal dos ríos, logo dun inverno carente de choivas. É de esperar que a primavera que está a punto de entrar traia algo de auga; senón, a cousa pinta moi mal.
As fotografías que figuran enriba destas palabras, son dunhas troitiñas pescadas e devoltas á auga, onte día 18 á tardiña, posto que non me puiden acercar ó río no resto do día.