miércoles, 9 de febrero de 2011

Veto do Parlamento Galego á construción de novos encoros

Segundo unha noticia de Xornal.com, o Parlamento Galego vén de acordar o veto á construción de novos encoros nos ríos galegos... Xa era hora! Parece que os aproveitamentos hidroeléctricos bloquedos polo bipartito en 2005 e tramitados con présa polo executivo de Fraga antes de deixar o goberno da Xunta, serán finalmente anulados e non se construirán.

Para máis información:

http://www.xornal.com/artigo/2011/02/08/galicia/veto-unanime-construcion-novos-encoros-nos-rios-galegos/2011020823034102949.html

jueves, 3 de febrero de 2011

Normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2011

Saiu publicada no D.O.G. a orde pola que se establece a normativa de pesca en augas continentais en Galicia para a temporada 2011:

Con carácter xeral, o período hábil para a pesca da troita vai dende o 20 de Marzo ó 15 de Agosto. Nos coutos de pesca sen morte, coutos intensivos e tramos de pesca sen morte, o período hábil é dende o 20 de Marzo ó 30 de Setembro. Nas masas de auga establecidas como de salmón, reo e nas cabeceiras de ríos de montaña será dende o 1 de Maio ó 15 de Agosto.
Hai que destacar que o tramo libre de pesca sen morte de Rábade, no Río Miño, non tornou a tramo libre tradicional. Días atrás, nalgúns sitios da rede, advertíase que a Xunta podía levar a cabo a cacicada de catalogar o devandito tramo como de pesca con morte, pero afortunadamente non foi así. Polo tanto, esta é unha gran noticia.