miércoles, 26 de mayo de 2010

lunes, 3 de mayo de 2010

Primeiro salmón do 2010 no Ulla

Segundo unha noticia de La Voz de Galicia; o pasado Sábado 1 de Maio, foi pescado por un asturiano, o primeiro salmón do 2010 no río Ulla:

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/05/02/0003_8457034.htm?idioma=galego

Esperemos que esta temporada sexa mellor que a pasada sobretodo para o salmón, que está "tocando fondo".

Por outra banda, este temporada non estou tendo moito tempo para ir ó río. O pouco que fun non deu para moito. Pero podo dicir que o Valiñas non está como anos anteriores. A parte de que se encontra cheo da area arrastrada polas choivas dende as obras do novo Eixo Atlántico de Velocidade Alta e da nova estrada a Meirama, non se lle ve demasiada vida piscícola, cousa que me ten moi preocupado. Veromos como segue a cousa.