A alarma saltou o fin de semana pasado nas Fragas do Eume: uns pescadores avistaron a varios reos (Salmo Trutta Trutta) mortos na superficie da auga e a outros agonizando e con manchas polos seus corpos (visitar a páxina http://www.vadeando.com/). O SEPRONA recolleu algúns reos finados para a súa análise ó igual que recolleu mostras de auga para intentar averiguar o por que da morte dos peixes. O curioso e estrano é que non apareceron troitas (Salmo Trutta Fario) mortas nen enfermas. Polo momento non se sabe que é o que pode estar acontecendo nas augas do Eume, pero espero que pronto se chegue a unha conclusión e se depuren as responsabilidades de tan triste suceso. O culpable/s debe/n pagar e que isto lle/s doia moito. Parece que os problemas dos Ríos/as, e da Natureza en xeral non se resolven: hai unhas semanas houbo verquidos de carburantes no Río Ulla e no Miño; esta semana outro no Mendo en Betanzos; a Ría do Burgo é unha poza negra e non se dá posto un remedio; por non falar da catástrofe ocorrida no Novembro pasado no Encoro da Fervenza no Río Xallas e que matou a milleiros de peixes. Estou perdendo a esperanza polo feito de que a Administración Local e Autonómica poñan unha solución dunha vez a este descontrol e que a Lei mostre a súa parte máis dura contra os terroristas meidoambientais. Pero iso: a esperanza é o último que se perde.
viernes, 20 de junio de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)