sábado, 12 de septiembre de 2009

Salmóns capturados e reos guiados en Galicia no 2009 Act. 01-08-09 e 06-09-09 respectivamente



Despois de solventar uns pequenos problemas, publico as actualizacións do número de reos guiados e dos Salmón capturados nesta temporada. Obsérvense os pobres resultados destes últimos coa temporada rematada o 31 de Xullo de 2009. Os números falan por eles mesmos.



















miércoles, 8 de julio de 2009

jueves, 25 de junio de 2009

domingo, 14 de junio de 2009

viernes, 12 de junio de 2009

Resultados no Campionato Provincial Salmónidos Mosca 2009

Despois das chuvias que precederan ó día 7 de Xuño, esperábase que o o Mandeo baixara revolto... e así foi, e ademáis algo crecido. Había que sacar as ninfas da caixa e poñelas a funcionar. O certo é que ou non funcionaron elas ou non funcionei eu. Vai ser que as dúas cousas e con maior probabilidade a segunda... A choiva e as baixas temperaturas para o mes de Xuño acompañáronnos ó longo da xornada. Pero o Couto de Aranga portouse moi ben de forma global, posto que se sacaron ó redor de 100 troitas puntuables. Ainda que eu levei un carolo nas dúas mangas, non me tocaron uns tramos moi difíciles de pescar, pero había zonas nas que a corrente era forte e había que andar con moito tino para non darse un chapuzón; e co día que estaba non era plan. Pero ben, de todos xeitos, a molladura xa a tiña igual...
Os participantes de Fario non sacamos bos resultados: Luisma e Rubén conseguiron cadansúa pintona e os demáis levamos unha "bicicleta"... Pero foi unha xornada na que o pasamos ben e como se soe dicir: xa virán mellores días de pesca.
O gañador do campionato foi Rafael Bellas (C.P. Xuvia), seguido por Alejandro Villanueva (V. Carballo) e Juan Carlos Suárez (Salmo).